venres, 13 de xuño de 2014

Reportaxe da campaña

A campaña anticonsumismo do grupo Atrévete sen Consumir foi realizada na clase de 2ºB.

O día 30 do pasado mes un grupo de alumnos da mesma clase fixeron un conxunto de actividades para previr o consumismo. 

A primeira actividade consistiu na realización e colocación duns carteis polos corredoiros da ESO.

Despois, realizouse unha presentación sobre o consumismo ao alumnado de 2ºB e proxectamos un vídeo, seguidamente fixemos unha actividade interactiva para tentar concenciar aos alumnos/as da importancia de consumir con responsabilidade. 

A última actividade realizada polo grupo de prevención contra o consumismo foi a colocación duns colectores de reciclaxe no patio para mellorar os hábitos de consumo dos alumnos do colexio.



Aínda que non houbo excesiva colaboración por parte dos participantes, as actividades deron os seus frutos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario