luns, 26 de maio de 2014

Explicación da Campaña

OBXETIVOS DA CAMPAÑA
Previr o exceso de consumismo nas persoas.
Concienciar a xente dos problemas que se poden producir se seguimos a consumir de máis .
Mostrar que non todas as persoas teñen as súas necesidades básicas cubertas mentres outros mercan sen control.
Baixar a frecuencia coa que se mercan obxectos novos
Amosar as consecuencias do consumismo excesivo no planeta

CONTIDOS
A nosa campaña trata de previr do consumismo excesivo polo que tentamos convencer os nosos compañeiros e compañeiras de que o mellor é consumir responsablemente,  xa que  as consecuencias tanto ecolóxicas como económicas que pode acarrear un consumo desenfreado son fatais.

RECEPTORES
Os receptores da nosa campaña será o alumnado de 2º da E.S.O. B cos que realizaremos una serie de actividades lúdicas,  ademaisde poñer en marcha unha campaña de fomento da reciclaxe.

TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO
Día 30 maio:
No primeiro recreo realizaremos a pegada de carteis  nos corredores e no patio .
Na  clase de cidadanía  realizaremos  a presentación do tema traballado e da actividade interactiva complementaria sobre o consumismo.
No segundo recreo realizaremos  a campaña de reciclaxe con colocación de colectores de papeis, vidro …

EXPLICACIÓN DETALLADA
A primeira actividade será a realización e posterior colocación duns carteis polo patio e os corredores. Tamén realizaremos unha presentación sobre o consumismo ao alumando de 2º B da E.S.O. na hora de Cidadanía, esa presentación aportaralles información necesaria e medidas de prevención dun consumo excesivo.
A actividade anterior estará acompañada dun pequeno xogo interactivo que será realizado na mesma hora na clase. A actividade consiste en que 5 persoas escollidas ao chou serán os vendedores dunha gran empresa que comercializa todos os produtos do mercado, o resto serán consumidores e consumidoras que disporán dun diñeiro ilimitado para gastaren no que consideren necesario. Tras uns minutos de liberdade para mercar,  recolleremos os papeis nos que anotaron o mercado e revisarémolos. Tras isto reflexionaremos brevemente sobre o consumido: "era todo necesario ou eran caprichos?".
Para finalizar, realizaremos unha pequena actividade de reciclaxe que será levada a cabo no segundo recreo dese mesmo día. Consistirá na repartición de colectores de plástico, papeis e refugallos que serán repartidos polo colexio, en caso de que á dirección do centro lle pareza unha boa idea estes recolectores poderían permanecer.

DOCUMENTACIÓN
Un cartel.



Ningún comentario:

Publicar un comentario