luns, 26 de maio de 2014

Explicación da Campaña

OBXETIVOS DA CAMPAÑA
Previr o exceso de consumismo nas persoas.
Concienciar a xente dos problemas que se poden producir se seguimos a consumir de máis .
Mostrar que non todas as persoas teñen as súas necesidades básicas cubertas mentres outros mercan sen control.
Baixar a frecuencia coa que se mercan obxectos novos
Amosar as consecuencias do consumismo excesivo no planeta

CONTIDOS
A nosa campaña trata de previr do consumismo excesivo polo que tentamos convencer os nosos compañeiros e compañeiras de que o mellor é consumir responsablemente,  xa que  as consecuencias tanto ecolóxicas como económicas que pode acarrear un consumo desenfreado son fatais.

RECEPTORES
Os receptores da nosa campaña será o alumnado de 2º da E.S.O. B cos que realizaremos una serie de actividades lúdicas,  ademaisde poñer en marcha unha campaña de fomento da reciclaxe.

TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO
Día 30 maio:
No primeiro recreo realizaremos a pegada de carteis  nos corredores e no patio .
Na  clase de cidadanía  realizaremos  a presentación do tema traballado e da actividade interactiva complementaria sobre o consumismo.
No segundo recreo realizaremos  a campaña de reciclaxe con colocación de colectores de papeis, vidro …

EXPLICACIÓN DETALLADA
A primeira actividade será a realización e posterior colocación duns carteis polo patio e os corredores. Tamén realizaremos unha presentación sobre o consumismo ao alumando de 2º B da E.S.O. na hora de Cidadanía, esa presentación aportaralles información necesaria e medidas de prevención dun consumo excesivo.
A actividade anterior estará acompañada dun pequeno xogo interactivo que será realizado na mesma hora na clase. A actividade consiste en que 5 persoas escollidas ao chou serán os vendedores dunha gran empresa que comercializa todos os produtos do mercado, o resto serán consumidores e consumidoras que disporán dun diñeiro ilimitado para gastaren no que consideren necesario. Tras uns minutos de liberdade para mercar,  recolleremos os papeis nos que anotaron o mercado e revisarémolos. Tras isto reflexionaremos brevemente sobre o consumido: "era todo necesario ou eran caprichos?".
Para finalizar, realizaremos unha pequena actividade de reciclaxe que será levada a cabo no segundo recreo dese mesmo día. Consistirá na repartición de colectores de plástico, papeis e refugallos que serán repartidos polo colexio, en caso de que á dirección do centro lle pareza unha boa idea estes recolectores poderían permanecer.

DOCUMENTACIÓN
Un cartel.



Diario de Sesión 2ª parte VIII


31 /3/2014

Revisamos a campaña de prevención e comenzamos co resumo das páxinas 84 e 85

Javi e adriano esforzáronse mentres Alex e Andrés distraxéronse.

martes, 20 de maio de 2014

Diaria de sesións semana 2



 20/5/2014

Andrés e Javi realizaron o documento explicativo das nosa actividades mentres Adriano e Alex fixeron o cartel, quedou sen subir ao blog.

Andrés e Javi traballaron moi ben mentres que Alex distráxose facilmente, Adriano Intentou axudalo ensinandolle o que facer.

martes, 13 de maio de 2014

Diario de Sesións 3ª parte I



 13/5/2014
Fixemos os cambios de funcións e comenzamos o documento aínda que non o subimosAlex estivo facendo o cartel o mellor que puido. Javi e Adriano fixeron o documento explicativo, Andrés cambiou os cargos.

Cargos e Funcións


Cargo
Funcións e tarefas
Data incorporación

Coordinador 
Andres L.M
Debe organizar o grupo
13/5/2014
É o voceiro
Contrala que se sigan os pasos

Secretario/a 
Adriano
M.S
Tomas notas
13/5/2014
Enche as follas de equipo
Controla o tono de voz

Responsable do material
 .
Javier P.C
Encárgase de coidar o material.
13/5/2014

Axudante 
Alejandro M.S
Axuda a quen o precise
13/5/2014
Fai as tarefas dun compañeiro que se ausente